TERRITORIOS VISITADOS
No marco da área de “Territorios Visitados”, o GET céntrase na análise das prácticas turísticas e o seu impacto no territorio.
As nosas liñas de traballo principais inclúen:
- Dinamización turística e planificación estratéxica: deseñamos plans directores e estratexias comunicativas que fomenten o desenvolvemento turístico sostible e adaptado ás necesidades locais.
- Estudo dos roteiros de peregrinación: realizamos investigacións sobre camiños de peregrinación en xeral, con especial atención ao Camiño de Santiago, pola súa importancia cultural e social.
- Análise de impactos do turismo: avaliamos como o turismo inflúe nas dimensións económicas, sociais e culturais do desenvolvemento local, tanto de forma positiva como negativa.
- Patrimonio territorial: traballamos na identificación, documentación, valoración e posta en valor do patrimonio material e inmaterial dos territorios como recurso clave para o turismo sostible.
- Conflitos e usos do medio: exploramos os efectos da turistificación e os conflitos entre o turismo e outros usos do territorio.
- Turismo e medio ambiente: analizamos a relación entre o turismo e a resiliencia socioecolóxica, realizando estudos de impacto ambiental e propostas de adaptación aos retos ambientais.
- Emerxencia climática e turismo: desenvolvemos estudos de adaptación do turismo á emerxencia climática (propostas, accións, sensibilización, formación, etc.)
traballo destacado desta liña
- Álvarez Sousa, A., Caamaño Franco, I., & Andrade Suárez, M. (2024). Hipocresía climática y actitudes de los turistas de la Unión Europea hacia el medio ambiente. Investigaciones Turísticas, 28, 243–269.
- Andrade Suárez, M., Caamaño Franco, I., & Álvarez Sousa, A. (2024). A pilgrim but a tourist too: Re-examining the contemporary links. Current Issues in Tourism, 27(23), 4293–4310. https://doi.org/10.1080/13683500.2024.2314696
- Samartim, R., & Caamaño Franco, I. (Eds.). (2023). Cidades, Turismo e Caminhos de Santiago / Ciudades, Turismo y Caminos de Santiago. Andavira Editora.