territorios (trans)feridoS
CICLO DE CONVERSAS ABERTAS DO GRUPO DE ESTUDOS TERRITORIAIS
Dende 2024, o Grupo de Estudos Territoriais (GET) desenvolve o ciclo de conversas abertas Territorios (trans)feridos, unha iniciativa orientada á transferencia de coñecemento e ao diálogo social arredor dos procesos de transformación que afectan a distintos lugares do territorio galego. A través destas sesións, o GET procura contribuír á comprensión crítica dos retos contemporáneos dos territorios e abrir espazos de debate que favorezan a participación e a construción compartida de alternativas de futuro.
EDICIÓNS CELEBRADAS
- 2026: Noia. Máis info aquí
- 2025: A Ulloa. Máis info aquí
- 2024: As Pontes de García Rodríguez. Ver programa aquí.
