TERRITORIOS (DES)HABITADOS
Na área de “Territorios (Des)habitados”, o GET aborda as transformacións e desafíos asociados ao despoboamento, á evolución dos espazos urbanos e rurais, e aos cambios nos sistemas habitacionais. A nosa investigación céntrase en analizar as dinámicas que afectan tanto o medio rural como o urbano, coa intención de promover un territorio equilibrado, inclusivo e sostible.
As nosas principais liñas de traballo inclúen:
- Hábitat vacante e despoboamento: estudamos o fenómeno do baleiro poboacional e a xestión de espazos abandonados.
- Sistemas residenciais: analizamos as características e dinámicas dos sistemas residenciais en Galicia e no conxunto de España, co propósito de orientar políticas de vivenda que respondan ás necesidades actuais.
- Medio rural: investigamos a realidade territorial do medio rural, explorando a súa construción histórica, cultural e socioeconómica para entender os seus retos presentes e futuros.
- Historia urbana: levamos a cabo estudos sobre a evolución das cidades desde a modernidade ata a actualidade, examinando as transformacións que moldearon os espazos urbanos.
- Espazo urbano e mobilidade: analizamos o deseño e uso dos espazos urbanos, así como os sistemas de mobilidade, tendo en conta a súa relación coa accesibilidade e a calidade de vida nas cidades.
- Dereito á cidade: realizamos estudos críticos sobre as desigualdades e exclusións no ámbito urbano.
- Xénero e urbanismo: exploramos a interacción entre as cuestións de xénero e o deseño urbano, entendendo as necesidades de diferentes colectivos.
- Renaturalización: analizamos os procesos de renaturalización (rewilding) desde unha perspectiva crítica, considerando os impactos sociais, ambientais e territoriais destas iniciativas.
Publicacións relacionadas con esta liña
- Cortés Vázquez, J. A. (2024). De bestas y besteiros: Relaciones de reciprocidad humano-animal en los montes de Galicia. En S. M. Cruzada & O. González-Abrisketa (Coords.), Animales y antropología: Etnografías más que humanas en España (pp. 169–188). Consejo Superior de Investigaciones Científicas, CSIC.
- Rodríguez-Barcón, A., & Sousa, S. (2023). Culture-led place-making and heterotopic brand building: A comparative approach between Ljubljana and Porto. Space and Culture, 26(4), 630–646. https://doi.org/10.1177/12063312211014031
- Calo, E., & López-Bahut, E. (2023). Alternative models of access to and production of housing in Spain: The bottom-up processes. ZARCH: Journal of Interdisciplinary Studies in Architecture and Urbanism, 21, 144–157. https://doi.org/10.26754/OJS_ZARCH/ZARCH.2023218919
- Samartim, R., & Caamaño Franco, I. (Eds.). (2023). Cidades, Turismo e Caminhos de Santiago / Ciudades, Turismo y Caminos de Santiago. Andavira Editora.