TERRITORIOS CONTESTADOS
Na área de “Territorios Contestados”, o GET céntrase na análise das tensións e conflitos que emerxen en relación coa ocupación, uso e gobernanza do territorio. Exploramos os factores sociais, políticos e económicos que desencadean estes conflitos, así como as respostas colectivas que xorden fronte a eles.
As nosas principais liñas de traballo inclúen:
- Dimensión social dos conflitos ambientais: estudamos os aspectos sociais e territoriais asociados aos conflitos ambientais, explorando as interaccións entre comunidades, ecosistemas e políticas.
- Políticas ambientais e os seus efectos: analizamos a implementación de distintas políticas ambientais, así como as dinámicas dos movementos sociais e as súas respostas ás medidas gobernamentais ou corporativas no ámbito ambiental.
- Historia de políticas urbanas e conflitos sociais: investigamos como as políticas urbanas ao longo da historia xeraron conflitos sociais e a súa tradución en protestas populares, resistencias colectivas e, en ocasións, episodios de violencia colectiva.
- Xentrificación: examinamos os procesos de xentrificación, tanto residencial como comercial, e os seus impactos nas comunidades locais, prestando especial atención ás dinámicas de exclusión e transformación social que implican.
Publicacións nesta liña
- Cardesín Díaz, J. M. (2024). Conflito laboral e violencia política en Ferrol a finais do Antigo Réxime. En I. Dubert García (Ed.), Galicia, un mar con historia (pp. 191–228). [ISBN 9788411105293].
- Paz Aldrey, L., & Cortés Vázquez, J. A. (2024). Transición energética y crisis rural. La conflictividad social del ‘boom eólico’ en Galicia. Gazeta de Antropología, 40. http://www.gazeta-antropologia.es/?p=5935
- Cardesín Díaz, J. M. (Coord.). (2024). Revuelta popular y violencia colectiva en la Guerra de la Independencia. Centro de Estudios Políticos y Constitucionales. ISBN 978-84-259-2033-2.
- Bastos, R. da S., Guimarães, S. T., & Docampo, M. G. (2022). Transformações das práticas e percepções do graffiti nas cidades: De transgressão urbana a arte comercializada. New Trends in Qualitative Research, 14, e623-e623.