A liña articúlase arredor de catro ámbitos principais:

  • Modelización e simulación territorial: desenvolvemento de modelos e simulacións espaciais para analizar dinámicas territoriais e avaliar escenarios de intervención.
  • Integración de datos multimodais: articulación de datos xeoespaciais e sociais, xunto con información normativa e territorial, en sistemas integrados de análise.
  • Sistemas de apoio á decisión pública: deseño de ferramentas e indicadores para identificar prioridades, avaliar riscos e orientar procesos de planificación e intervención.
  • Gobernanza e ética dos sistemas intelixentes: análise das implicacións sociais e institucionais da dixitalización do territorio, atendendo á gobernanza dos datos, a transparencia, a equidade e a lexitimidade dos sistemas algorítmicos.

Concibida como unha liña transversal, Territorios Algorítmicos conecta as distintas áreas de investigación do GET coa modelización, a planificación e a acción territorial, reforzando a dimensión aplicada e transdisciplinar do grupo.

Scroll ao inicio