TERRITORIO EN XOGO

A nosa intención foi sinxela: abrir preguntas sobre os espazos que habitamos. Porque as cidades, vilas ou aldeas non son só escenarios físicos, senón tamén lugares cargados de historias, sentimentos e experiencias cotiás.

🗺️ Mapa colaborativo: o meu territorio importa
As persoas participantes debuxaron mapas do seu día a día e responderon preguntas sobre lugares seguros, espazos de encontro ou zonas a evitar. O resultado foi un mapa social construído a partir das emocións, lembranzas e experiencias que fan único cada barrio.

👋 Xincana de percepción social: coñeces o teu espazo?
A través dunha selección de imaxes da cidade, convidamos a reflexionar: é este lugar seguro? é inclusivo? apetece quedarse ou só pasar de longo? Un xogo para reparar no que ás veces non se ve.

🌿 Naturezas ocultas da cidade
Con cartas ilustradas, descubrimos as plantas que habitan nos recunchos da Coruña. Unha oportunidade para recoñecer que tamén a natureza forma parte do urbano.

🏠 Constrúe espazos habitados
Con pezas e imaxinación, reinventamos aldeas baleiras e espazos esquecidos: escolas, hortas urbanas, prazas, centros culturais… Un exercicio colectivo para soñar futuros posibles e lembrar que todo pode cambiar se movemos as pezas axeitadas.

Scroll ao inicio