Trátase dun grupo que, desde a cooperación interdisciplinar, integra diversas áreas de coñecemento integrando investigadores/ as de diversos ámbitos, como a Socioloxía, a Historia do Pensamento e dos Movementos Sociais, a Historia Contemporánea, a Antropoloxía Social, o Turismo, os Estudos da Cultura, a Arquitectura, etc.

O propósito central do GET é o estudo, a investigación, a divulgación, a transferencia de coñecemento, así como a troca de ideas e propostas para a mellora da relación da poboación co territorio. Os traballos que vimos facendo e publicando desde 2012 tratan de combinar a solidez teórica coa utilización de metodoloxías tanto cuantitativas como cualitativas.

Neste sentido, achegámonos á investigación dunha perspectiva que combina ferramentas metodolóxicas que inspiran estratexias participativas de desenvolvemento social e económico diversas e alternativas aos modelos estritamente economicistas. Con esta finalidade, desenvolvemos a nosa actividade investigadora partindo da obtención de datos primarios, cualitativos e cuantitativos (entrevistas, observación, enquisas, grupos de discusión, documentación) e fontes secundarias.

Ademais, temos ampla experiencia na análise con técnicas espaciais, estatísticas e etnográficas.

Scroll ao inicio