
PERFILES EN REDES ACADÉMICAS
ROBERTO SAMARTÍM LÓPEZ-IGLESIAS
Roberto Samartim é profesor da Universidade da Coruña (UDC) e investigador do Grupo de Estudos Territoriais (GET-UDC) e da Rede Galabra (grupos da USC e da Universidade do Minho). Estuda o funcionamento dos campos culturais, nomeadamente o literario, e os procesos políticos e ideolóxicos con eles relacionados, aplicando metodoloxías de base empírica, sistémica e sociolóxica e con foco nas relacións entre narrativas, territorios e comunidades.
Liñas de investigación: cultura, turismo e comunidades; mediación lingüística e cultural; sistemas literarios; humanidades dixitais; construción do sistema cultural galego contemporáneo; relacións literarias e culturais da Galiza co mundo lusófono e hispanófono.
Entre os resultados que poden exemplificar os seus interesses investigadores encóntranse A Dona do Tempo Antigo. Mulher e campo literário no Renascimento Português (1495-1557) (2003, Premio Carvalho Calero de Investigación 2002), Mudança política e sistemas culturais em transiçom. Literatura e construçom da (ideia da) Galiza entre 1974 e 1978 (que recollen, no básico, as suas teses de Licenciatura e Doutoramento), ou as bases de dados do Livro galego no período autonómico (1978-2019) e dos Produtos Culturais sobre os Caminhos de Santiago (1991-2020). Actualmente é coordinador do Proxecto Livro Galego.
Desde 2012, a súa investigación céntrase fundamentalmente no estudo dos impactos dos discursos vinculados aos Camiños de Santiago na comunidade local compostelá, neste caso tamén dirixido ao estudo das relacións desta cuestión coas imaxes, as prácticas e as políticas turísticas e culturais.
Codirixiu Agália. Revista de Estudos na Cultura (2010-2016) e foi vicedecano da Facultade de Filoloxía da UDC (2011-2013). Secretário Geral da Associação Internacional de Lusitanistas (AIL, 2011-2014), coeditou os Avanços em Literatura e Cultura… (2012; 11 volumes) e Estudos da AIL em… (2015, 6 vols.) e foi tamén seu Responsável de Comunicação e editor da www.plataforma9.com (2014-2018).