PROXECTOS
Dende a nosa creación en 2012, temos desenvolvido numerosos proxectos de investigación que reflicten o seu compromiso coa análise socioespacial e a aposta por sociedades sostibles, resilientes e inclusivas.
Estes proxectos, que contan con financiamento tanto autonómico como nacional e internacional, demostran a capacidade do grupo para colaborar con diversas entidades e institucións, contribuíndo así á transferencia de coñecemento e ao impacto social da investigación universitaria. Abaixo podes consultar os nosos proxectos máis recientes.
Esta sección está en construcción. Para consultar tódolos nosos proxectos, acudir ao portal de investigación da UDC.

PROJETO LIVRO GALEGO – Campo Editorial e Cultura Autonómica: Institucionalização e industrialização do livro na Galiza (1978-2026)
O Proxeto Livro Galego busca analizar o campo editorial galego desde unha perspectiva sistémica, sociolóxica e relacional, co obxectivo de comprender o funcionamento do sistema cultural galego no período autonómico. Busca xerar coñecemento sobre a produción editorial da Galiza, contribuír á planificación cultural e desenvolver un marco metodolóxico aplicable ao estudo do caso galego. Para iso, creou unha Base de Datos do libro galego no período 1978-2019, que permite realizar análises cuantitativas, cualitativas e relacionais, dispoñible para consulta pública e gratuíta.

PROYECTO VICES: VIOLENCIA COLECTIVA EN LA GUERRA DE LA INDEPENDENCIA
Este proxecto investiga as relacións entre o conflito e a creación de consenso social, así como os códigos de protesta popular e a violencia colectiva en España, centrado no período de transición entre a Idade Moderna e a Idade Contemporánea, especialmente durante a Guerra da Independencia (1808-1814).

RURALTXA! – Impulso á Bioeconomía Rural Revalorizando A Gandería Extensiva de Montaña Vinculada á Conservación da Biodiversidade
RURALtXA! impulsará un sistema integrado de bioeconomía para apoiar ás persoas gandeiras comprometidas coa sustentabilidade e a conservación dos hábitats, revalorizando as súas actividades e produtos para mellorar a viabilidade das explotacións e a calidade de vida no medio rural. O proxecto basearase no coñecemento científico sobre a relación entre as prácticas tradicionais, a conservación dos hábitats e os servizos ecosistémicos dos Sistemas Agrarios de Alto Valor Natural, contribuíndo ao desenvolvemento sostible en áreas afectadas polo despoboamento.

UNCHARTED – Understanding, Capturing and Fostering the Societal Value of Culture
O proxecto UNCHARTED é unha iniciativa europea que busca comprender e valorar a dimensión social da cultura máis alá do seu valor económico. Estuda como diferentes actores constrúen, miden e comparan os valores culturais en catro áreas principais: artes en vivo, medios, produción cultural e xestión do patrimonio, e administración cultural. Participan 9 socios de 7 países europeos, co obxectivo de analizar a pluralidade de valores culturais, desde o económico ata o persoal e social.