Noel Castro Fernández

noel castro fernández

voltar a Equipo

Anteriormente á súa incorporación ao GET, Noel desenvolveu unha carreira nos eidos da comunicación ambiental e cultural, a educación e a xestión cultural. En 2022-23 foi membro do equipo de traballo do proxecto Plantando Cara al Fuego (FECYT, 2022) na Universidade de Santiago de Compostela. Ademáis, traballou como xornalista cultural e ambiental (Agencia EFE, El Progreso, Radio Lugo, Forest Stewardship Council) e asistiu en proxectos de xestión cultural na Cineteca de Madrid e o Festival de Cine Experimental Cosmic Rays, e de dixitalización patrimonial no Departamento de Arqueoloxía da Universidade de Carolina do Norte, entre outras institucións.

Ademais, compaxina a súa carreira académica coa producción de traballos de artes visuais e multimedia que investigan a relación entre imaxe e territorio, polos que foi seleccionado para participar no Festival Intersección (A Coruña), o Instituto de Humanidades Dixitais de Carolina do Norte (EE. UU.), o festival Suburbinale (Viena) ou o Science and Technology Hub 2025 da Humboldt Universität (Berlín).

Scroll ao inicio