
PERFILES EN REDES ACADÉMICAS
Google Scholar
ORCID
Dialnet
ResearchGate
MARICARMEN TAPIA GÓMEZ
Maricarmen Tapia Gómez é arquitecta pola Universidade de Santiago de Chile (2000) e doutora en Urbanismo pola Escola Tècnica Superior d’Arquitectura de Barcelona da Universitat Politècnica de Catalunya (2007). O seu traballo centrouse na planificación, a regulación e as políticas urbanas e territoriais, así como no seu impacto nas comunidades.
Liñas de investigación: xeografía crítica, urbanismo, dereito á cidade, conflictos socioambientais.
Traballou no Ministerio de Vivenda e Urbanismo de Chile, como xefa do Centro de Estudos, para as administracións públicas en España e no ámbito académico en ambos países. Actualmente é docente na Área de Urbanismo e Ordenación do Territorio da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña.
Premio Eliana Caraball 2021 outorgado polo Colexio de Arquitectos de Chile. En España, recibiu a bolsa de investigación María Zambrano para o estudo territorial dos conflitos socioambientais en Galicia, na Universidade de Santiago de Compostela (2022 – 2024).
Prestou apoio técnico na elaboración da proposta Constitucional de Chile de 2022 para incorporar o Dereito á Vivenda, o Dereito á Cidade e as regulacións para a protección e conservación da natureza. É creadora e directora de Crítica Urbana, Revista de Estudos Urbanos e Territoriais.
