
PERFILES EN REDES ACADÉMICAS
maría josé andrade suárez
Maria Andrade é doutora en Socioloxía pola UDC e conta cun mestrado en Planificación e Estratexias Territoriais na Sociedade Actual pola USC. É coordinadora do GET e directora do Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña. As súas actuais liñas de investigación céntranse principalmente no estudo do patrimonio cultural, na socioloxía da cultura e na socioloxía do turismo, áreas nas cales é coautora de máis de 50 artigos científicos. Coordina o proxecto H2020 rurALLURE: Promoción de museos rurais e locais patrimoniais nas proximidades das rutas de peregrinación europeas e é investigadora colaboradora no Centro de Estudos de Cultura, Política e Sociedade (CECUPS) da Universidade de Barcelona.
Liñas de investigación: socioloxía da cultura e proxectos socioculturais, políticas culturais, patrimonio, lecer e turismo.
María foi profesora visitante na Universidade Lusófona de Humanidades e Tecnoloxías de Lisboa; na Facultade de Letras da Universidade do Porto; na Università degli Studi dei Roma “A Sapienza”; na Universidade de California en Berkeley; na Università della Calabria (Italia) e na Universidade de Aveiro (Portugal).
Participou en reiteradas ocasións en congresos internacionais sobre estes temas e é autora ou co-autora de máis de 50 artigos científicos en revistas de alta calidade. Así mesmo, participa activamente en redes académicas internacionais e proxectos competitivos incluíndo H2020. Tamén participa en proxectos de investigación e elaboración de plans turísticos e proxectos socioculturais financiados por empresas privadas e outras institucións. Forma parte de diversas sociedades académicas, así como de comités científicos de diversas revistas académicas. É membro do do Grupo de Traballo de Turismo e Lecer da FES (Federación Española de Socioloxía). Tamén é membro da Rede ACCITT (Rede para a revisión conceptual sobre a interacción do turismo e o territorio da AEI -Axencia Estatal de Investigación-).
