
PERFILES EN REDES ACADÉMICAS
MANUEL DOCAMPO GARCÍA
Manuel Docampo García é doutor en Socioloxía e Profesor Titular de Universidade, adscrito ao Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña. Entre as súas liñas de investigación destaca a Socioloxía do Territorio e, nesa temática, publicou, entre outros: “Urbanismo sostible. O camiño das cidades na Axenda 2030” (Revista Internacional de Comunicación e Desenvolvemento, 4(15): 105-119, 2021) ou “Transformacións urbanas e cambios no plan: o caso español”, (capítulo de Libro en Espaço aberto: reflexões ibero‐americanas sobre cidade e sociedade ( Brasília: CEUB, 36-58, 2021), con Tania Varela.
Liñas de investigación: socioloxía do territorio, socioloxía urbana, transición social e ambiental.
Actualmente participa en varios proxectos de investigación, entre eles Transición Enerxética nas concas mineiras españolas; en proxectos docentes como o Erasmus+ CreaHlands, no que participan 6 países europeos, ou outros de transferencia do coñecemento, como o estudo para a Remodelación da Planta Local Galega. É membro do Comité Editorial da Revista de Arquitetura Cidade e Habitaçao e participa como revisor de varias revistas.