
PERFILES EN REDES ACADÉMICAS
JOSÉ MARÍA CARDESÍN DÍAZ
José María Cardesín Díaz é Catedrático de Historia dos Movementos Sociais na Universidade da Coruña, onde imparte docencia de Historia Contemporánea e Historia do Pensamento Político e foi coordinador do Grupo de Estudos Territoriais. A destacar entre as súas estancias docentes a invitación como profesor na École deas Hautes Études en Sciences Sociais de París. A súa investigación céntrase na historia urbana comparativa: as relacións entre planificación urbana, movementos sociais e lugares da memoria. É responsable de 90 publicacións, en revistas como Annales, Histoire Urbaine, Urban History ou The Journal of Urban History. Recibiu o H.J. Dyos Prize in Urban History 2005 (Centre for Urban History, Reino Unido).
Liñas de investigación: socioloxía histórica, historia urbana, historia dos movementos sociais.
Foi profesor convidado na École deas Hautes Etudes en Sciences Sociais de París. Impartiu conferencias en universidades de Estados Unidos, México, Francia, Suecia, Grecia e Portugal; e presentou relatorios a congresos neses países e en Reino Unido, Bélxica, Holanda, Chequia, Finlandia, Italia, Romanía, Arxentina e Israel. As súas estancias de investigación en centros estranxeiros suman 17 meses.
En canto á actividade investigadora, apostou por unha liña de traballo que permitise valorar o impacto da construción do sistema de mercado e do estado moderno sobre a vida local ao longo dos s.XVIII-XX. Isto esixiu formular desde unha perspectiva interdisciplinar un amplo proxecto que vai desde a historia agraria que practicou na década de 1990, ao campo da historia urbana sobre o que traballa no presente.
Implicouse tempranamente na incorporación das novas tecnoloxías á historia, e dous dos seus proxectos de investigación (“Patrimonio de Futuro”; e “Historia Urbana de Galicia”) implicaban xa a construción de senllas páxinas web: “Ferrol Urban History” (en inglés e español) aloxada desde 2005 en Cambridge University Press/Cambridge Journals En liña; e “Historia Urbana de Galicia” (en inglés, español e galego), en vías de elaboración. Na actualidade coordina o proxecto “Violencia colectiva e protesta popular nas cidades españolas: a Guerra da Independencia” (VICES), financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades de España para os anos 2020-2024.