José Antonio Cortés Vázquez

José Antonio Cortés

voltar a Equipo

José Antonio Cortés Vázquez é profesor na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña. Anteriormente, foi titular dunha das bolsas InTalent altamente competitivas na mesma universidade (2017-2020), e dunha bolsa intraeuropea Marie Curie na Universidade de Manchester e na Universidade de Sheffield (2014-2016). Tamén foi profesor no University College London e a National University of Ireland Galway. Ten un doutoramento internacional en Antropoloxía Social pola Universidade Pablo de Olavide (2011, premio ao mellor doutoramento universitario).

Dirixiu proxectos de investigación internacionais e nacionais obtidos en convocatorias de financiamento competitivo (un da British Academy, un do programa Marie Curie, un do programa InTalent) e participou en varios proxectos internacionais e nacionais (incluíndo un proxecto LIFE, un proxecto H2020 e catro proxectos do Plan Nacional de I+D+i).

Organizou dous congresos internacionais, un con máis de 900 delegados (SIEF2019). Tamén organizou paneis en conferencias internacionais (EASA, POLLEN, ASAEE, Congreso Mundial de Conservación, AIBR), seminarios, e deu charlas en diferentes institucións de Europa e América Latina. Presentou sutrabajo en máis de 50 congresos internacionais e moitos outros eventos nacionais e rexionais en todo o mundo.

Scroll ao inicio