Iria Caamaño Franco

iria caamaño franco

voltar a Equipo

Iria Caamaño Franco é Profesora Axudante Doutora na Facultade de Turismo da Universidade da Coruña, especialista en turismo, patrimonio e desenvolvemento territorial. Doutora en Dirección e Planificación do Turismo (UDC, 2017, cum laude e doutoramento internacional), conta cunha sólida traxectoria académica complementada con máis dunha década de experiencia profesional en comercialización turística, intermediación e consultoría, o que lle confire un perfil híbrido, rigoroso e fortemente orientado á transferencia.

A súa produción científica abrangue máis de 30 artigos en revistas de referencia, ademais de capítulos de libro, dúas obras editadas e numerosas contribucións a congresos internacionais. As súas liñas de investigación céntranse no papel do turismo no desenvolvemento local, o patrimonio industrial e a cultura marítima, o turismo accesible e o estudo das rutas de peregrinación.

Participou ademais en máis de 20 contratos institucionais a través do art.60, participando como IP na creación e posta en marcha do Observatorio Turístico da Cidade da Coruña no 2023, no Plan Estratéxico de Turismo de Galicia (2023, 2020, 2016), estudo demoscómico da demanda turística do Camiño Inglés (2022, 2023), plataforma de comunicación interna e a homoxeneización e monitorización de datos turísticos na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas (2021), entre outros.

No ámbito docente, ten impartido máis de 1.500 horas en titulacións de grao, mestrado e programas sénior, con docencia en galego, español e inglés. Dirixiu máis de 60 TFG/TFM e unha tese doutoral con Premio Extraordinario. É tamén profesora convidada na Hochschule Pforzheim (Alemaña) e ten realizado estancias na Universidade de Aveiro, Universidade de Évora e no Instituto Politécnico de Porto.

A nivel de xestión é Directora de ROTUR, Revista de Ocio e Turismo dende o 2018 e dende o 2023 Vicepresidenta da Comisión de Calidade como responsable do Sistema de Garantía Interno de Calidade, membro da Comisión Permanente, Comisión Académica Docente, Comisión Académica do Mestrado en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos na Facultade de Turismo.

Dirixe cursos de verán enfocados ao turismo desde 2018 e coordina programas formativos especializados, como o de Patrimonio Cultural da Universidade Sénior, o Ciclo de Conferencias Cafés Viaxeiros e a Semana de TuriCiencia, na Facultade de Turismo.

Adicionalmente, forma parte de diversas sociedades científicas: é Secretaria do Comité de Turismo e Ocio da Federación Española de Socioloxía, membro de AECIT e de asociacións profesionais do sector turístico de Galicia. En 2014 recibiu o II Premio á Mellor Traxectoria Profesional de PROTURGA. Forma parte do Grupo de Estudos Territoriais (GET) desde 2014, recoñecido como Grupo de Referencia Competitiva e do Grupo de Innovación docente y Divulgación en Turismo.

Scroll ao inicio