
PERFILES EN REDES ACADÉMICAS
ESTEFANÍA LÓPEZ SALAS
Estefanía López Salas é Profesora Titular no Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición da Universidade da Coruña. É doutora arquitecta, con Premio Extraordinario de Arquitectura pola Universidade da Coruña (2010) e Premio Fin de Carrera da Xunta de Galicia (2010). Ten un Máster en Rehabilitación Arquitectónica pola mesma universidade (2010), onde tamén desenvolveu o seu doutoramento entre os anos 2011 e 2015, co título San Julián de Samos (Lugo), estudo e interpretación do deseño monástico e a súa evolución, que obtivo o Premio Extraordinario de Doutoramento (2016). O seu traballo foi publicado en diversas revistas científicas e libros sobre a historia da arquitectura monástica e a paisaxe sacra, cunha aproximación multidisciplinar, que combina fontes históricas, investigación in-situ e tecnoloxías dixitais de visualización, dentro do campo da Historia da arte e a Arquitectura Dixital.
Liñas de investigación: arquitectura e paisaxe, historia da arquitectura, historia do arte e arquitectura dixital, patrimonio histórico, tecnoloxías dixitais, visualización dixital.
A súa investigación céntrase na historia da arquitectura monástica e a paisaxe sacra, cunha aproximación multidisciplinar, que combina fontes históricas, investigación in situ e tecnoloxías dixitais dentro do campo da Historia da arte e a Arquitectura Dixital. Os seus traballos foron amplamente publicados en diversas revistas científicas e libros e impartiu conferencias en congresos nacionais e internacionais en España, Portugal, Inglaterra, Polonia, Croacia, Estados Unidos, Francia e Italia, que obtiveron diversas axudas e distincións por parte, entre outras, da Getty Foundation (2018-2020) e a Samuel H. Kress Foundation (2014, 2019).