
PERFILES EN REDES ACADÉMICAS
ESTEFANÍA CALO GARCÍA
Estefanía Calo traballa en liñas de investigación relacionadas coa socioloxía urbana, o territorio e a vivenda. Ten un Bachelor with Honours en Ciencias Sociais pola University of Abertay Dundee en Escocia e é doutora en socioloxía con mención internacional pola Universidade da Coruña (UDC). Na actualidade é profesora do Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación da UDC onde imparte, entre outras, a materia de Socioloxía Urbana e Ordenación do Territorio.
Liñas de investigación: socioloxía urbana, urbanismo, vivenda, estudos urbanos, sostenibilidade, cidade, territorio.
Tamén impartiu clase na Universidade de Vigo, na Universidade de Extremadura e na Universidade de Milagre, en Ecuador, e colaborou en diferentes proxectos de investigación con outras institucións como a Universidade de Santiago de Compostela. Realizou diferentes estancias de investigación en diferentes organismos entre os que se atopa o Centre for Urban History, da University of Leicester en Reino Unido (2012); o ISCTE-Instituto do Universitário de Lisboa (2019); a Universidade Complutense de Madrid (2020-2021); e a Universidade de Barcelona (2022), nas que colaborou con grupos de investigación relacionados co estudo da cidade e a relación entre a poboación e o territorio.
Publicou diferentes artigos en revistas de recoñecida calidade e participou en conferencias a nivel internacional presentando traballos relacionados co estudo da cidade, a vivenda e o territorio, concretamente vinculados con: a análise das necesidades residenciais, as políticas residenciais, o dereito á vivenda e á cidade e co estudo de diferentes procesos urbanos como a xentrificación e a turistificación. Todo este traballo está vinculado ademais a temas de sustentabilidade e medioambiente e as novas relacións sociais asociadas ao ben común e o decrecemento.