
PERFILES EN REDES ACADÉMICAS
Google Scholar
ORCID
Dialnet
ResearchGate
CARMEN LAMELA VIERA
Carmen Lamela Viera é Bachelor of Arts en Antropoloxía por The American University, e licenciada e doutora en socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid. Actualmente é Profesora Titular na Universidade da Coruña. A súa experiencia docente e investigadora desenvolveuse principalmente en antropoloxía urbana, migracións internacionais e desviación social. Tamén exerce profesionalmente como consultora en proxectos de planificación urbana. O seu traballo máis recente céntrase na Europa do sur e no sur global como contextos socio-espaciais e epistemolóxicos, empregando investigación documental, traballo de campo etnográfico, análise de contido e datos estatísticos e socio-demográficos.
Liñas de investigación: antropoloxía urbana, migracións internacionais, desviación social