
PERFILES EN REDES ACADÉMICAS
begoña muiño sar
Begoña Muíño Sar (Ares, 1999) é investigadora predoutoral pola Xunta de Galicia no Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña (UDC). É graduada en Turismo pola mesma universidade e recibiu dous Premios de Excelencia Académica de Galicia (2019 e 2021). Ten un máster en Planificación e Xestión de Destinos e Productos Turísticos (UDC), polo que recibiu un Premio Extraordinario de Máster (2023) e cuxo Traballo Fin de Máster foi Finalista da II Edición do Premio Cátedra Vegalsa-Eroski ao mellor TFM en Criterios ASG e Propósito Corporativo. Actualmente desenvolve a súa tese en torno ao papel dos observatorios turísticos na planificación e xestión intelixente de destinos.
Liñas de investigación: turismo, planificación turística, xestión turística, observatorios turísticos, intelixencia turística, Destinos Turísticos Intelixentes, turismo termal, Camiños de Santiago e turismo cultural.
Dende os inicios da súa adhesión ao GET, Begoña compaxinou o ámbito académico co profesional, participando en diferentes proxectos relacionados co sector turístico, entre os que destacan o Diagnóstico Estratéxico da Situación do Turismo en Galicia (2023-2024), o Estudo demoscópico sobre a demanda turística no Camiño Inglés (2023), a Elaboración de contidos para o folleto de establecementos termais de Galicia (2023), o Plan de Uso Público para a Reserva de Biosfera Mariñas – Betanzos (2023), o Estudo turístico do Parque do Pasatempos de Betanzos (2022), a Elaboración dun Sistema de Cómputo de peregrinos para o Camiño Fisterra-Muxía (2022), a Creación do Observatorio Turístico da Coruña (2022) e a Homoxeneización da recollida de datos turísticos polos técnicos de turismo, guías oficiais e sector turístico do territorio Mariñas-Betanzos (2021).
Ademais, participou en actividades académicas tales como asistente de edición da revista ROTUR (2023 – actualidade), secretaria técnica do V Congreso SocAnTur (2024-2025) e secretaria do Curso de Verán da Universidade da Coruña organizado pola Facultade de Turismo (2024).
