
PERFILES EN REDES ACADÉMICAS
ANTONIA PÉREZ GARCÍA
Antonia Pérez é doutora en Análise Económica e Estratexia Empresarial polas Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. Iniciou a súa andaina como profesora na Diplomatura de Turismo dende o ano 2000 a 2009 e, posteriormente, como profesora no Grao en Turismo dende 2009 ata a actualidade. Exerceu como Profesora Responsable de Calidade de 2012 a 2021. Actualmente, é profesora na Facultade de Turismo-UDC (Departamento de Socioloxía e Comunicación), ademais de Secretaria Académica da devandita Facultade.
Líneas de investigación: desarrollo local e turismo, xénero e turismo, relacións públicas e turismo, educación.
Publicou máis de 10 artigos en revistas de recoñecido prestixio, contribuído en máis de 10 libros e participado en máis de 15 congresos, dos cales foi membro do Comité Científico en 5 deles. O seu índice H é de 5 (abril 2022). Desde o ano 2020 pertence ao Grupo de Investigación Estudos Territoriais e desde o ano 2019 é Editora Académica da Revista ROTUR, Revista de Lecer e Turismo.
Tamén é membro do Grupo de Innovación Docente e Divulgación en Turismo (GIDTur) desde 2020. Sobre a súa participación en proxectos destácase, entre outros, que foi IP no proxecto Análise Demoscópico sobre a Demanda Turística do Camiño Inglés, financiado pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés (2021). Actualmente é membro do equipo de investigación do proxecto HERIT (Erasmus+) centrado na posta en valor das casas históricas.