
PERFILES EN REDES ACADÉMICAS
ALBERTO RODRÍGUEZ BARCÓN
Alberto Rodríguez Barcón é profesor axudante doutor no Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña. Unha vez obtido o seu doutoramento en socioloxía en 2016, comezou a súa carreira investigadora no Instituto de Ciências Sociais da Universidade de Lisboa (ICS/UL) no marco do proxecto europeo H2020 ROCK – Cultural Heritage leading urban futures, centrado na revitalización sociocultural da área de Beato-Marvila na cidade de Lisboa. De 2017 a 2020 traballou como investigador posdoutoral no Centro de Investigação do Território, Transportes e Ambiente (CITTA) da Faculdade de Engenharía da Universidade do Porto (FEUP) no proxecto europeo H2020 3SRECIPE – Smart Shrinkage Solutions – Fostering Resilient Cities in Inner Peripheries of Europe sobre os procesos de contracción urbana na cidade de Porto.
Liñas de investigación: xentrificación e turistificación, espazo público, construción social do espazo urbano, conflito urbano, planeamento urbano, cultura urbana, socioloxía urbana.
A súa carreira investigadora complétase coa publicación de diversos artigos e capítulos centrados na análise da socioloxía urbana, así como coa participación en numerosos congresos internacionais.
Fundamentalmente, as súas principais liñas de investigación céntranse en cuestións como a xentrificación residencial e comercial, a rexeneración urbana, o impacto do turismo ou as diversas expresións da conflitividade social proxectadas sobre o espazo urbano. Nos últimos meses colaborou asiduamente na elaboración de diversos plans urbanos dentro do municipio da Coruña, actividade que compatibiliza coa docencia en diversas materias nas facultades de Socioloxía, Administración de Empresas, Ciencias Económicas, Ciencias da Educación ou Humanidades.