
PERFILES EN REDES ACADÉMICAS
Google Scholar
ORCID
Dialnet
ResearchGate
ÁGUEDA PAZ POMBAR
Águeda Paz Pombar obtén o Título superior de conservación e restauración, especialidade en pintura, na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia e na Accademia di Belle Arti di l’Aquilla. Remata os seus estudos cun premio fin de carreira concedido pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Despois, cursa un Mestrado en Xestión do Patrimonio Cultural e Museoloxía e un Mestrado en Xestión Cultural e Emprendemento, no que tamén recibe o Premio extraordinario fin de estudos.
Dende outubro de 2023 é estudante de doutoramento no Programa de Protección do Patrimonio Cultural da Universidade de Vigo, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade da Coruña. Desde xaneiro de 2025, é investigadora predoutoral (FPU) no departamento de Socioloxía da Universidade da Coruña.
Desenvolve a súa tese doutoral no campo da ordenación do territorio. O obxectivo do seu traballo é detectar patróns de comportamento na construción tanto do espazo formal como informal, obtendo unha comprensión profunda dos fenómenos socioculturais que poden ser asociados a estes procesos. O fin último é proporcionar unha base teórica para a protección de patrimonio cultural material e inmaterial que se atopa en risco pola súa natureza contemporánea, efémera e descoñecida.
Liñas de investigación: patrimonio cultural, territorio.